Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/25-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Urb. Os Xirasoles.

Situación: Bergondo.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 20 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Guísamo desde o C.T. Vilar, na liña L-2 da subestación de San Marcos, e final no C.T. que se vai instalar na urbanización Os Xirasoles. Centro de transformación, en caseta prefabricada de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, na urbanización Os Xirasoles, do que parte rede subterránea, de 682 m de lonxitude, en conductor R.V., que se ensambla mediante tramo aéreo de 35 m en conductor R.Z. a rede existente na zona. Bergondo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de febreiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña