Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/29-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S. Rivados.

Situación: Culleredo.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 185 m de lonxitude, con orixe na liña existente inmediacións do C.T. e final no C.T. Rivados, que se vai instalar. Centro de transformación de 400 kVA en baixo de edificio de vivendas Rivado, con tensións de 15/0,380-0,220 kV, do que parte rede subterránea de baixa tensión, de 300 m de lonxitude, en conductor R.V. que enlaza coa rede existente. Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 8 de febreiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña