Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a execución das obras de urbanización do contorno da Casa do Concello do Pereiro de Aguiar (Ourense). (Clave: 00-01-OR).

Procedemento aberto.

1. Nome, enderezo, número de teléfono e telefax do poder adxudicador.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Edificios administrativos San Caetano.

15704 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 43 71. Telefax: 981 54 43 43.

2. a) Modalidade de adxudicación elixida.

Concurso aberto de acordo co artigo 76 da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Contido do contrato obxecto de licitación.

Execución das obras contidas no proxecto: urbanización do contorno da Casa do Concello do Pereiro de Aguiar (Ourense).

c) Orzamento total: setenta e oito millóns (78.000.000) de pesetas (468.789,44 euros) IVE incluído.

3. a) Lugar de execución.

Termo municipal: O Pereiro de Aguiar (Ourense).

b) Natureza e alcance das prestacións e características da obra.

As definidas no proxecto de execución.

4. Prazo de execución eventualmente imposto.

Oito (8) meses.

5. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de contratistas adxudicataria do contrato.

Escritura pública.

6. a) Solicitude de documentación para participar no concurso:

Copynino, rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.

15701 Santiago de Compostela.

Teléfono 981 58 89 38.

O custo total para adquiri-la copia de toda a documentación ascende a 6.480 pesetas (IVE incluído) (38,95 euros).

b) Data límite de presentación de proposicións.

Ata as 12 horas do vixésimo sexto día contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

c) Enderezo ó que deberán enviarse as ofertas.

Dirección Xeral de Urbanismo. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Rexistro xeral. Edificios administrativos San Caetano. 15704 Santiago de Compostela.

7. Data, hora e lugar de apertura das proposicións:.

Acto público o cuarto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do de finalización de presentación de proposicións, ás 10 horas na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. Se é o caso, fianza e garantías esixidas.

Esixirase unha fianza provisional dun millón cincocentas sesenta mil (1.560.000) pesetas (9.375,79 euros), segundo o definido na letra H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares e unha fianza definitiva de tres millóns cento vinte mil (3.120.000) pesetas, (18.751,58 euros), segundo o definido na letra I do citado cadro.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan.

Pagamentos a conta, de carácter mensual, baseados nas certificacións de obra executada e conforme o disposto no artigo 100 da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Datos referentes á situación do empresario, así como ás condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

Tres meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

13. Información complementaria.

Clasificación:

Grupo G, subgrupo 6, catogoría d).

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda