Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 4 de febreiro de 2000, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-01299-O-1999 e tres máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós/ás denunciados/as, cos datos é o último enderezo coñecidos que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por ese motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio Provincial de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propondo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 4 de febreiro de 2000.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-01299-O-1999

V-1037-CL

G.C. Tráfico

Manuela López Rodríguez

r/ Nosa Sra. do Viso, 8-B

32005 Ourense

Transportar un contedor carecendo de tarxeta de transportes. Servicio público.

7-6-1999; 10.10.15; A9; 128

Artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do Real decreto 1211/1990.143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/1990.250.000 ptas.
PO-01702-O-1999

SS-5341-CL

G.C. Tráfico

Adersa Vigo, S.L.

Areal-Estación FFCC Guixar, s/n

36201 Vigo (Pontevedra)

Transportar coches, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio público. Proponse sanción por carecer de tarxeta de transportes, tanto ó tractor como ó semirremolque.

14-8-1999; 4.20; N-550; 132.100

Artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do Real decreto 1211/1990.143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/1990.460.000 ptas.

Precintado do vehículo

PO-01829-O-1999

SS-5341-T

G.C. Tráfico

Adersa Vigo, S.L.

Areal-Estación FFCC, Guixar, s/n

36201 Vigo (Pontevedra)

Circular cun vehículo articulado realizando un transporte público de mercadorías tendo caducada a súa autorización administrativa desde o 31-7-1998. Transporta sete turismos. Servicio público.

6-9-1999; 14.10; A9; 137.500

Artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do Real decreto 1211/1990.143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/1990.250.000 ptas.

Precintado do vehículo

PO-02296-O-1999

M-3274-UU

G.C. Tráfico

Discovi, S.L.

Estrada Torroso, s/n, Tameiga

36415 Mos (Pontevedra)

Transportar productos alimentación cun peso de 7.620 kg sendo o seu PMA de 3.500 kg. Exceso 4.120 kg=117%. Pesado na báscula oficial do Porriño. Servicio privado.

17-9-1999; 9.11.12; N-550; 160

Artigo 200.3º do Real decreto 1211/1990.143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/1990.230.000 ptas.