Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2000, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada AC-443, Negreira-Brandomil, treito: A Pereira-Corneira, clave N/AC/91.3.3.1, termos municipais de Santa Comba, A Baña e Negreira.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece, no seu punto 2º, a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 18 de decembro de 1997, procédese á aprobación do proxecto de construcción das obras de acondicionamento da estrada AC-443, Negreira-Brandomil, treito: A Pereira-Corneira, clave: N/AC/91.3.3.1, termos municipais de Santa Comba,

A Baña e Negreira, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 7 de maio de 1999, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para as mencionadas obras por Decreto 168/1999, publicado no DOG nº 107, de data 7 de xuño de 1999.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran nas relacións expostas nos concellos de Santa Comba, A Baña e Negreira, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan, para procederen ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Santa Comba.

Data: 3 de abril de 2000.

Horario: das 10 ás 13 horas.

De: Agra Caamaño, Raquel a García Tomé, Juan.

Data: 4 de abril de 2000.

Horario: das 10 ás 13 horas.

De: Gerpe Aran, Carmen a Rey Pereira, Modesto.

Data: 5 de abril de 2000.

Horario: das 10 ás 13 horas.

De: Rey Rey, Hdros. Manuel a Yáñez Ponte, Inocencia.

Casa do Concello da Baña.

Data: 6 de abril de 2000.

Horario: das 10 ás 13 horas.

De: Antelo García, Manuela a Vázquez Parga, Raúl.

Casa do Concello de Negreira.

Data: 7 de abril de 2000.

Horario: das 10 ás 12 horas.

De: Agra Brenlla, Evangelina a Tomé Tomé, María.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada, para actuaren no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo acompañarse pola súa conta se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo

de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, praza Luis Seoane, s/n, 8ª planta, as alegacións que consideren pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 1 de marzo de 2000.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas da Coruña