Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7061; XG-435, Noia-Lousame-Beluso-Ponte Beluso, con anexos, por substitución e unificación das concesións: V-1774; XG-124, entre Minas de San Fins e Noia, con anexo de Ces a Escabia, e V-2487; XG-241, entre Beluso e Noia, con prolongación a Escabia.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 13 de decembro de 1999, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á empresa Autos Comparado, S.A., a concesión

do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7061; XG-435, Noia-Lousame-Beluso-Ponte Beluso, con anexos, por substitución e unificación das concesións: V-1774; XG-124, entre Minas de San Fins e Noia, con anexo de Ces a Escabia, e V-2487; XG-241, entre Beluso e Noia, con prolongación a Escabia, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* Noia, Portobravo, Cruído, Filgueira, Chave, Confurco, Armada, Beluso, cruzamento Beluso e Ponte Beluso.

* Noia, Centro Saúde, San Breixo, Argote, Ponte San Francisco, Vilar, San Roque, Sanguiñal, Carantoña e Confurco.

* Carantoña, Abeixón, Cernande, Tallara, Pousada, Sanguiñal, Marracín, cruzamento Seidón e Lousame.

* Portobravo, Berrimes e cruzamento Seidón.

* Confurco, Ces, Fruime, Escabia, Millón, Landeiras, Boimazán e Ponte Beluso.

* Ces, Gandarela, Minas de San Fins, Silvarredonda, Vilas e Fruime.

* Berrimes, Couto e San Breixo.

* Noia, Campo de Noia, Sobreviñas e Ponte San Francisco.

* Campo de Noia, Bergondo, Ponte Argalo e Argalo (Igrexa).

2. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Noia e Portobravo, puntos intermedios e viceversa.

* De Tallara para Noia e viceversa.

3. Expedicións.

Escabia-Millón-Ponte Beluso-Beluso-Confurco-Lousame-Noia (20,3 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta os domingos.

Fruime-Vilas-Minas de San Finx-Gandarela-Ces-Confurco-Carantoña-Sanguiñal-Marracín-Sanguiñal-Vilar-Ponte de San Francisco-Argote-San Breixo-Noia (17,9 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta os domingos.

Carantoña-Abeixón-Tallara-Pousada-Sanguiñal-Marracín-cruzamento Seidón-Berrimes-Portobravo (6,3 km).

* Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

Carantoña-Abeixón-Tallara-Pousada-Sanguiñal-Marracín-cruzamento Seidón-Lousame-Cruído-Portobravo-Noia (9,9 km).

* Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

Noia-Campo de Noia-Sobreviñas-Ponte San Francisco-Sanguiñal-Carantoña-Sanguiñal-Marracín-Berrimes-Couto-San Breixo-Noia (12,3 km).

* Unha expedición de ida de luns a sábados laborables.

Noia-Portobravo-Lousame-cruzamento Seidón-Marracín-Sanguiñal-Carantoña-Abeixón-Cernande-Tallara-Pousada-Sanguiñal-Vilar-Ponte San Francisco-Sobreviñas-Noia (16,1 km).

* Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

Noia-Lousame-Filgueira-Confurco (7 km).

* Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

Noia-Sobreviñas-Ponte San Francisco-Sanguiñal-Marracín-Sanguiñal-Carantoña-Confurco-Ces-Garandela-Minas de San Finx-Fruime-Escabia (20,4 km).

* Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

Escabia-Fruime-Vilas-Minas de San Finx-Ces-Confurco-Lousame-Portobravo-Noia (18,1 km).

* Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

Carantoña-Sanguiñal-Marracín-Sanguiñal-Vilar-Ponte de San Francisco-Sobreviñas-Noia (6,6 km).

* Unha expedición de ida de luns a venres lectivos.

Silvarredonda-Minas de San Finx-Ces-Confurco-Chave-Lousame-cruzamento Seidón-Marracín-Sanguiñal-Carantoña-Vilar-Ponte de San Francisco-Argote-San Breixo-Noia (17,3 km).

* Unha expedición de ida e volta os sábados e festivos (excepto domingos).

Noia-Campo de Noia-Sobreviñas-Ponte San Francisco-Vilar-Sanguiñal-Carantoña-Abeixón-Cernande-Tallara-Pousada-Sanguiñal-Marracín-cruzamento Seidón-Lousame-Cruído (13,1 km).

* Unha expedición de ida de luns a venres lectivos.

Noia-Cruído-Lousame-cruzamento Seidón-Berrimes-Marracín-Sanguiñal-Carantoña-Sanguiñal-Vilar-Ponte de San Francisco-Sobreviñas-Noia (16,5 km).

* Unha expedición de ida os domingos.

Argalo (Igrexa)-Ponte Argalo-Bergondo-Campo de Noia-Sobreviñas-Ponte San Francisco-Argote-San Breixo-Noia (6,9 km).

* Unha expedición de ida e tres de volta de luns a venres lectivos.

* Unha expedición de ida e dúas de volta de luns a venres non lectivos.

Argalo (Igrexa)-Ponte Argalo-Campo de Noia-Noia (5,5 km).

* Dúas expedicións de ida de luns a venres lectivos.

* Unha expedición de ida de luns a venres non lectivos.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,4361 pesetas.

-Tarifa usuario: 10,0966 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,4154 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes