Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.318

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativa á categoría 17 do grupo II (asistente social) publicada por Resolución do 2 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 27, do 9 de febreiro).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 17 do grupo II (asistente social) publicadas no DOG nº 27, do 9 de febreiro de 2000, esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

-Incluír a Victoria Eugenia Pérez de la Fuente, con DNI nº 32.449.999, no ámbito xeográfico D1500 (A Coruña) na lista A1, no número de orde 5 cunha puntuación 37,570 puntos.

-Incluír a Aurora Romero Fernández, con DNI nº 34.981.638, no ámbito xeográfico D1500 (A Coruña) na lista A1, no número de orde 11, cunha puntuación de 29,79 puntos, no ambito xeográfico D3200 (Ourense) na lista A1, no número de orde 7 cunha puntuación de 29,79 puntos, no ámbito xeográfico D3600 (Pontevedra) na lista A1 no número de orde 10 cunha puntuación de 29,79 puntos.

En consecuencia varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública