Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.317

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fai pública a relación de excluídos da categoría 23 do grupo I (documentalista e outros) (lista B) que emendan a causa de exclusión.

Finalizado o prazo fixado na Resolución do 27 de decembro de 1999 (DOG nº 5, do 10 de xaneiro)

pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 23 do grupo I (documentalista e outros) (lista B) e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral na súa sesión do día 17 de febreiro de 2000 as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público o anexo a esta resolución coa relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, do grupo I categoría 23 (documentalista e outros) (lista B) e que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro) contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa.

Grupo I: 7.525 ptas.

Os que así non o fixeran no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999 e corrección de erros de 13 de outubro de 1999.

De igual forma, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33% logo de xustificación documental.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro) contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG para a corrección de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

DNIApelidosNomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total

33.272.116Almazan OrtegaMaría del Mar00000,200,7500,95

76.516.067González MartínezMaría José00000,400,7501,15

52.366.705Ferreiro RomeroIsabel0000000,750,140,89

32.823.733Paz VigoNorma María0000000,7500,75