Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.318

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2000 pola que se nomean funcionarios de carreira da escala administrativa da Universidade de Santiago de Compostela, por orde de puntuación, os aspirantes que superaron o proceso selectivo.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso na escala administrativa polo sistema de promoción interna, convocadas por Resolución do 18 de maio de 1999 da Universidade de Santiago de Compostela (DOG do 9 de xuño) e verificada a posesión dos requisitos esixidos na base 2 da convocatoria.

O rector, de conformidade co disposto no artigo 78 n) dos estatutos da universidade,

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear funcionarios de carreira da escala administrativa da Universidade de Santiago de Compostela os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo.-Para a adquisición da condición de funcionario de carreira, os interesados prestarán xuramento ou promesa de acordo co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

Terceiro.-A toma de posesión deberán efectuala perante este rectorado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal obxecto deste nomeamento, para tomar posesión deberán realiza-la declaración á que se refire o primeiro dos preceptos citados ou a opción ou solicitude de compatibilidade no artigo 10 da Lei 53/1984.

Quinto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 10.1º a) da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, aprobada pola Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2000.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Escala administrativa da Universidade

de Santiago de Compostela

Apelido 1Apelido 2NomeDNI

1NaveiroBlancoMª Concepción33.210.790
2OteroFernándezMª del Carmen33.275.990
3OteroMartisFrancisco52.452.478
4PazoRegueiroMª del Carmen33.260.676
5ArosaSalgadoJosé35.309.818
6PazosAbalMª del Carmen33.178.514

Apelido 1Apelido 2NomeDNI

7LapidoSilvaConcepción32.634.035
8PérezFernándezMª Carmen33.849.312
9NoyaSabelMaría Consuelo33.261.182
10OteroLosaMª Mercedes33.192.947
11RíosLópezMaría del Carmen32.639.677
12CabanasFernándezJosé Antonio33.208.873
13GarcíaÁlvarezBlanca María 9.745.816
14DíazTeijeiroMaria del Pilar33.849.467
15MundiñaJaimeAna María32.423.059
16DíazSánchezAmalia33.826.657
17ParadelaVieitoMª Cristina33.829.455
18CastroVázquezMaria Luz33.859.449
19MartínezQuilesRaquel19.855.481
20MontesFríasFidel33.201.456
21BarciaLareoMª Salomé33.211.084
22FragaOteroCristina32.624.704
23LareoCurrásMª Obdulia32.426.766
24TorreMíguezJosé Daniel de la33.270.870
25FerosCarrascoMaría del Pilar33.236.328
26VieitesTorreiroDolores33.251.615
27CarreraGonzálezMontserrat34.988.516
28VázquezCutrínLuís Germán33.213.605
29GarcíaBaladoMaría Jesús33.231.603
30GilBarciaMª Carmen33.228.488
31CastroLosadaIgnacio15.377.070
32AcevedoAlonsoCarmen33.831.433
33FilgueiraPousoEmilio33.269.271
34VieitesGarcíaMª I. Margarita33.208.699
35PortoCanosaManuel33.247.304
36SeijasReyAna María33.246.447
37LareoGarcíaÉlida33.238.851
38PereiraDíazJosé Manuel34.962.262
39FerreiroGarceMª Loreto76.360.124
40MontesPradoMª del Carmen33.306.420
41FernándezRodríguezMaría José33.225.722
42CasasAbeijónMaría del Carmen33.194.454
43PérezSuárezMónica Carmen33.282.792
44GómezQuellePablo34.947.546
45CalleAmaroMercedes de la76.847.302
46DomínguezCasáisHermosinda33.269.749
47FerreiroTorresMaría del Carmen33.189.076
48FernándezMartínezVíctor M.35.442.098
49VillarAragundeRamón33.218.430
50GómezRaposoJorge33.843.368