Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.313

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2000 pola que se convocan varios cursos de formación lingüística.

Dentro do programa de actividades de formación da EGAP para o ano 2000, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación

da escola e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases xerais e específicas:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia que, como modelo oficial, se recolle no anexo II desta resolución.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso no presente ano.

3. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

4. As solicitudes, dirixidas ó director da EGAP, presentaranse no rexistro xeral da escola, sita na rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios selectivos que se van utilizar serán os sinalados nesta convocatoria e, se é o caso, o indicado con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 27 de xuño de 1994 (Diario Oficial de Galicia nº 149, do 3 de agosto).

2. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá fixa-la realización das probas que considere oportunas.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 20% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitar copia das certificacións recibidas ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2000.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

* Curso: inglés medio.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos da lingua inglesa a un nivel medio, de xeito que permita establecer contactos esporádicos na dita lingua e conseguir unha comunicación e comprensión con certo grao de eficacia.

2. Destinatarios.

O curso vai dirixido preferentemente ó persoal con destino nas administracións autonómica, local, universitaria, parlamentaria, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo que fixo na EGAP o curso elemental. Este persoal deberá presentar unha copia compulsada do certificado de asistencia; o resto dos solicitantes deberá presentarse a unha proba de nivel de coñecementos que terá lugar no salón de actos da EGAP o día 27 de marzo, ás 17 h.

3. Desenvolvemento do curso.

3.1. Duración: 90 horas, distribuídas en dúas sesións por semana (martes e xoves).

3.2. Lugar: EGAP.

3.3. Datas: de marzo a novembro.

3.4. Horarios: de 17 a 19 horas.

3.5. Prazas: 20:

4. Contido básico.

Solicitar ou dar información. Expresión e comprensión de pensamento obxectivo e subxectivo. Persuasión. Usos sociais da lingua. Descrición. Emprego de estructuras temporais.

* Curso: inglés superior.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos máis profundos da lingua inglesa para relacionarse de forma eficaz, oralmente ou por escrito, con persoas ou institucións de países anglófonos.

2. Destinatarios

O curso vai dirixido preferentemente ó persoal con destino nas administracións autonómica, local, uni

versitaria, parlamentaria, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo que fixo na EGAP o curso medio. Este persoal deberá presentar unha copia compulsada do certificado de asistencia; o resto dos solicitantes deberá presentarse a unha proba de nivel de coñecementos que terá lugar no salón de actos da EGAP o día 27 de marzo, ás 17 h.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 90 horas, distribuídas en dúas sesións por semana (martes e xoves).

3.2. Lugar: EGAP.

3.3. Datas: de marzo a novembro.

3.4. Horarios: de 19 h a 21 h.

3.5. Prazas: 20.

4. Contido.

-Consolidación dos tempos verbais, facendo fincapé na correspondencia dos tempos: condicionais, compostos, etc.

-Afondamento no uso dos phrasal verbs.

-Adquisición de vocabulario especializado.

-Pronuncia-las formas distintas da lingua inglesa, e a súa compresión.

-Desenvolvemento de ideas complexas.

* Curso: francés medio.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos da lingua francesa a un nivel medio.

2. Destinatarios.

O curso vai dirixido preferentemente ó persoal con destino nas administracións autonómica, local, universitaria, parlamentaria, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo que fixo na EGAP o curso elemental. Este persoal deberá presentar unha copia compulsada do certificado de asistencia; o resto dos solicitantes deberá presentarse a unha proba de nivel de coñecementos. Esta proba realizarase no lugar, data e horarios que determinará a EGAP.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 90 horas, distribuídas en dúas sesións por semana (luns e mércores)

3.2. Lugar: EGAP.

3.3. Datas: de marzo a novembro.

3.4. Horarios: de 17 h a 19 h.

3.5. Prazas: 20.

4. Contido.

-Introducción.

-Uso dos artigos, pronomes, interrogacións.

-Estructuras verbais.

-Expresión oral e escrita.

* Curso: francés superior.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos especializados da lingua francesa para relacionarse de forma eficaz, oralmente ou por escrito, con persoas ou institucións de países francófonos.

2. Destinatarios.

O curso vai dirixido preferentemente ó persoal con destino nas administracións autonómica, local, universitaria, parlamentaria, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo que fixo na EGAP o curso medio. Este persoal deberá presentar unha copia compulsada do certificado de asistencia; o resto dos solicitantes deberá presentarse a unha proba de nivel de coñecementos. Esta proba realizarase no lugar, data e horarios que determinará a EGAP.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 90 horas, distribuídas en dúas sesións por semana (luns e mércores)

3.2. Lugar: EGAP.

3.3. Datas: de marzo a novembro.

3.4. Horarios: de 19 a 21 h.

3.5. Prazas: 20.

4. Contido.

-Introducción.

-Uso dos artigos, pronomes, interrogacións.

-Estructuras verbais.

-Expresión oral e escrita.

* Curso básico de portugués (3 edicións).

1. Obxectivos.

Comprende-la información global e específica das menxases orais e escritas da lingua portuguesa rela

tivas ás diversas situacións habituais da comunicación, emitidas directamente por falantes ou polos medios de comunicación.

Producir mensaxes orais e escritas en portugués, utilizando recursos lingüísticos e non lingüísticos, nas diversas situacións habituais da comunicación, para conseguir que esta sexa fluída e satisfactoria.

2. Destinatarios.

Persoal de Administración da Xunta de Galicia, da Administración local, da universidade, do Parlamento, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 60 horas.

3.2. Lugar: EGAP, Vigo e Lugo.

3.3. Datas: de marzo a novembro.

3.4. Horarios: en sesións de tarde. Na EGAP, martes de 17 h a 20 h.

3.5. Prazas: 20, das que 11 serán para a Administración autonómica, 4 para a local, 2 para a universitaria, 1 para a do Parlamento, 1 para o Consello de Contas e 1 para o Valedor do Pobo.

4. Contido básico.

-Comunicación oral.

-Comunicación escrita.

-Actitudes.