Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.313

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 28 de febreiro de 2000 pola que se exclúe do Catálogo de Montes de Utilidade Pública da provincia de Lugo o monte Roza dos Cabreiros ou dos Cambeiros, pertencente ó lugar de Bergazo da parroquia do Corgo, do concello do Corgo (Lugo).

De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes, do 22 de febreiro de 1962, e o Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, polo que se transfiren á Comunidade Autónoma de Galicia competencias en materia de conservación da natureza, esta consellería, logo da proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural,

DISPÓN:

Artigo único.-Dar de baixa do Catálogo de Montes de Utilidade Pública da provincia de Lugo, por non reunir xa as condicións que foron determinantes para a súa inclusión, por petición do Concello do Corgo, o monte Roza dos Cabreiros ou dos Cambeiros, pertencente ó lugar de Bergazo da parroquia do Corgo, que figura co número 36-A nel.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e contra ela poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, ou exercer calquera outro que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2000.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente