Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN SADURNIÑO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno deste Concello proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento urbanístico do concello, formulado polo propio concello, por este anuncio sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o expresado prazo, o expediente poderá ser examinado por calquera persoa nas oficinas do concello, para formular, se é o caso, as alegacións ou observacións que consideren oportunas.

A suspensión do outorgamento de licencias afectará a tódalas zonas nas que a aprobación das modificacións puntuais de que se trata supón modificación do réxime urbanístico vixente.

San Sadurniño, 9 de febreiro de 2000.

Constantino Bedoya Vázquez

Alcalde-presidente