Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación.

Declarado deserto o procedemento de licitación da obra de rehabilitación da Casa da Cultura de Tomiño, sendo o orzamento de execución da contrata de 27.608.000 ptas., incluído IVE, anúnciase unha nova licitación da citada obra, polo mesmo importe e co mesmo prego de condicións económico-administrativas, modificándose unicamente a clasificación empresarial, que pasa a se-la seguinte:

Grupo C; subgrupos 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9; categoría D.

O prazo de presentación de propostas referidas á expresada licitación será de 13 días naturais a partir da derradeira publicación deste edicto no BOP e no DOG.

O resto dos datos da expresada licitación son os publicados no BOP nº 29, do 11-2-2000 e no DOG nº 28, do 10-2-2000.

Tomiño, 1 de marzo de 2000.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde