Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de compensación da unidade de actuación 29 do Plan Xeral de Ordenación Urbana-Ponte Bolera.

A Comisión de Goberno, en sesión de 17-1-2000, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación definitiva ó Proxecto de Compensación da Unidade de Actuación nº 29 do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana, situada en Ponte Bolera, formulado pola Xunta de Compensación deste ámbito espacial, coa finalidade de proceder á súa xestión e execución urbanística, determinándose que a formalización deste proxecto de compensación se efectúe en documento administrativo coas solemnidades e requisitos dispostos para as actas dos acordos deste concello co contido legalmente esixido, ou ben mediante escritura pública se así o prefire a Xunta de Compensación e por conta dela. En calquera caso, o documento en que se formalice será inscrito no Rexistro da Propiedade, logo de protocolización notarial do mesmo, sendo ámbalas obrigas por conta da Xunta.

Segundo.-Incorporar-los terreos desta Unidade de Actuación nº 29 de cesión obrigatoria en pleno dominio e completamente libres de cargas e gravames ó patrimonio municipal e inventario de bens e á súa afectación ós usos previstos polo planeamento, destinándose a contía fixada de 8.724.387 pesetas,

da compensación económica substitutiva do aproveitamento urbanístico non patrimonializable polos propietarios da unidade á conservación e ampliación do Patrimonio Municipal do Solo, mediante o seu ingreso na partida orzamentaria correspondente, reiterándose a exención deste concello en calquera gasto de urbanización da unidade, debido ó que se pactou a compensación económica de tal aproveitamento.

A cesión entenderase sen prexuízo do dereito de ocupación para se proceder á execución das obras, tendo que efectuarse a cesión e entrega da urbanización nun prazo non superior a tres meses contados desde a recepción definitiva pola propiedade, formalizándose esta en actas que suscribirán este concello e os citados propietarios.

Terceiro.-Publica-lo presente acto administrativo no taboleiro de anuncios deste concello, BOP de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia e notificalo individualmente ós interesados con comunicación de testemuño do mesmo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto poderá interpoñerse ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, consonte co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, consonte co disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º deste Lei 30/1992, podendo entón interpoñerse recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contados desde o día seguinte daquel no que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte co establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme a dereito.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2000.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral