Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2000 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras de urbanización da rúa prolongación de Cobián Areal entre Joaquín Costa e Eduardo Pondal.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España s/n, 36071 Pontevedra.

A) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

B) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

A) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia.

B) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

A) Tramitación: ordinaria.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma: poxa.

4. Orzamento da licitación: 16.840.305 ptas., incluído todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías.

A) Provisional: 336.806 ptas.

B) Definitiva: 673.612 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

A) Lugar: Servicio de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono/fax: 986 80 43 00/80 01 02.

B) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

A) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

B) Documentación que hai que presentar: cláusula 12ª do prego.

C) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, das 9 ás 13 horas.

D) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro día seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 9 horas na sala de xuntas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

A) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios.

B) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución da obra, incluído o IVE.

C) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

D) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 9 de febreiro de 2000.

Cesáreo Mosquera Lorenzo

Alcalde accidental

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral