Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.251

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2000 pola que se anuncia poxa pública, con procedemento aberto, para o alleamento de parcelas municipais.

Aprobado polo Pleno da Corporación, o 1-2-2000, o prego de condicións que rexerán o alleamento de parcelas municipais mediante poxa, exponse ó público por espacio de oito días hábiles, de acordo coa lexislación vixente. Simultaneamente, anúnciase poxa pública, con procedemento aberto, para o alleamento de parcelas municipais.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Betanzos.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número de expediente: 01/2000.

2. Obxecto do contrato:

Alleamento de parcelas municipais propiedade do Concello de Betanzos, de acordo coas prescricións do prego de condicións.

a) División por lotes e número: si.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Réxime económico:

Os ofertantes deberán realiza-la súa oferta sobre o prezo actual e sobre o prezo que aboarían no suposto de realizarse a condición de futuro á que se somete; de forma individualizada a cada un dos lotes que se indican, podéndose optar ós lotes que se considere consonte o disposto no nº 8 do prego de condicións.

LotePrezo inicialPrezo futuro

Parcelas 1, 3, 5.28.346.94443.854.048

Parcelas 2, 4, 6.28.346.94443.854.048

Parcelas 7, 9, 11.28.346.94443.854.048

Parcelas 8, 10, 12.28.346.94443.854.048

Total113.387.776175.416.192

5. Garantías:

a) Para optar á poxa: aval/fianza do 2% do tipo. Contía: 566.938 ptas. por cada lote.

b) Outras garantías: aval/fianza, por importe da diferencia entre o prezo inicial e o futuro. Prazo: dez días desde a adxudicación provisional.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Enderezo: Pza. Constitución 1.

c) Localidade e código postal: Betanzos 15300.

d) Teléfono: 981 77 00 11.

e) Telefax: 981 77 42 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata as 14 horas do último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos do contratista:

Os que constan no prego de condicións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 14 horas.

9. Documentación que hai que presentar:

A que consta no prego de condicións.

Lugar de presentación: rexistro xeral. As proposicións non presentadas directamente deberán ser comunicadas por fax ou telegrama, antes ou o día da data en que remate o prazo de presentación, debendo acredita-la data de envío da documentación. Non se admitirá ningunha proposta que chegue a poder do concello transcorridos cindo días desde o remate do prazo de presentación.

10. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Domicilio: praza da Constitución, 1.

c) Localidade: Betanzos.

d) Data: primeiro día hábil seguinte ó prazo de cinco días desde o remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: doce horas.

11. Gastos de anuncios:

Por conta do adxudicatario.

Betanzos, 22 de febreiro de 2000.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente