Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2000 pola que se anuncia concurso público, con procedemento aberto, para a adxudicación do contrato de redacción do Plan Xeral de Ordenación do Concello de Betanzos.

Aprobado pola Comisión de Goberno, o 26-1-2000, o prego de cláusulas administrativas e o prego de condicións técnicas que terán que rexe-lo concurso público para a redacción do Plan Xeral de Ordenación do Concello de Betanzos, mediante concurso, exponse ó público por espacio de oito días hábiles, de acordo coa lexislación vixente. Simultaneamente, anúnciase concurso público, con procedemento aberto, para a adxudicación do contrato de redacción do Plan Xeral de Ordenación do Concello de Betanzos.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Betanzos.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número de expediente: 02/2000.

2. Obxecto do contrato:

a) Redacción do Plan Xeral de Ordenación do Concello de Betanzos.

b) División por lotes e número: non.

c) Presentación de variantes/alternativas: non se aceptan.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Réxime económico:

Tipo de licitación máximo: 25.000.000 de ptas. (IVE incluído).

O contrato terá carácter plurianual:

Quince millóns, con cargo ó orzamento do ano 2000.

Dez millóns, con cargo ó orzamento do ano 2001.

Para o aboamento dos traballos, o orzamento de adxudicación resultante distribuirase nas seguintes fases:

1ª fase: entrega do avance do planeamento: 30%.

2ª fase: entrega do documento para a aprobación inicial: 30%.

3ª fase: entrega do informe ás alegacións: 10%.

4ª fase: entrega do documento para a aprobación definitiva: 20%.

5ª fase: entrega do documento final: 10%.

5. Garantías:

Provisional: 500.000 ptas. 2% tipo licitación.

Definitiva: 4%.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Enderezo: Pza. Constitución, 1.

c) Localidade e código postal: Betanzos 15300.

d) Teléfono: 981 77 00 11.

e) Telefax: 981 77 42 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata as 14 horas do último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos do contratista:

Os que constan no prego de condicións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia, segundo sexa o último publicado, rematando ás 14 horas.

9. Documentación que hai que presentar:

A que consta no prego de condicións.

Lugar de presentación: rexistro xeral. As proposicións non presentadas directamente deberán ser comunicadas por fax ou telegrama, antes ou o día da data en que remate o prazo de presentación, debendo acredita-la data de envío da documentación. Non se admitirá ningunha proposta que chegue a poder do concello transcorridos cindo días desde o remate do prazo de presentación.

10. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Domicilio: praza da Constitución, 1.

c) Localidade: Betanzos.

d) Data: primeiro día hábil seguinte ó prazo de cinco días desde o remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: doce horas.

11. Gastos de anuncios:

Por conta do adxudicatario.

Betanzos, 22 de febreiro de 2000.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente