Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 8 de febreiro de 2000, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle dos cuarteiróns definidos pola travesía de Arteixo, Avenida Fisterra, espacios destinados a áreas libres (VA) e accesos a estas desde as ditas vías, no núcleo urbano de Arteixo. Promovido por Ignacio Soler, en representación de Drainsa-Dragados Inmobiliaria, S.A e segundo o proxecto redactado polo arquitecto José Mantiñán Soler, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que consideren convenientes (expediente 36/1999 PED).

Arteixo, 25 de febreiro de 2000.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde