Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARNOTA

EDICTO.

Arrendamento mediante poxa de bens patrimoniais aprobado en sesión plenaria do 27 de xaneiro de 2000.

1. Obxecto do contrato.

Constitúe o obxecto do contrato o arrendamento mediante poxa do seguinte ben de propiedade municipal, de carácter patrimonial, predio rústico, peza de terra sita neste termo municipal, no Pindo, lugar denominado Horta do Rabecho, dunha superficie de 100 metros cadrados (1 área); pertence ó Concello de Carnota por adquisición onerosa, segundo escritura autorizada polo notario Constantino Castellanos Collado, con data do sete de abril de mil novecentos noventa e oito.

2. Tipo de licitación.

O canon de arrendamento fíxase en 500.000 (cincocentas mil) ptas. anuais, máis IVE, cunha actualización dun 5 (cinco) por 100 sobre o canon do ano anterior.

O canon poderá ser mellorado á alza.

3. Duración do contrato: 15 anos improrrogables.

A duración do contrato de arrendamento fíxase en quince anos improrrogables.

4. Fianza definitiva: 500.000 ptas.

5. Gastos: por conta do adxudicatario.

7. Proposicións e documentación.

1. As proposicións para tomar parte na poxa presentaranse en sobre pechado, no cal figurará o seguinte lema: «Proposición para tomar parte no arrendo mediante poxa do ben inmoble patrimonial convocado polo Concello de Carnota».

Co seguinte modelo:

«D./Dna..., maior de idade, con enderezo en... DNI nº... en nome propio (ou en representación de...) como acredita por... informado da convocatoria da

poxa publicada no BOP nº... do ... e no DOG nº... do ..., toma parte nela, comprometéndose a arrenda-lo ben polo prezo de... (letra e número), conforme o prego de cláusulas económico-administrativas que acepta integramente».

Lugar, data e sinatura

2. Documentación: a sinalada no prego de condicións.

8. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Carnota durante o prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG de 9 a 14 horas.

9. Apertura de plicas.

Terá lugar no salón de actos do Concello de Carnota durante os dez días seguintes ó prazo de terminación de presentación de proposicións.

10. Adxudicación definitiva.

Declarada válida a forma de adxudicación do contrato, o Pleno da Corporación realizará a adxudicación definitiva.

Carnota, 7 de febreiro de 2000.

Xosé Manuel García Martínez

Alcalde