Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.230

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (63/1998-J).

En virtude do acordado por Elvira Gutiérrez Fernández, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia e o seu partido en resolución do día da data, dictada no xuízo de faltas nº 63/1998, que se segue ante este xulgado sobre lesións en accidente de tráfico, cítase o denunciado Bruno Aurelius Robert Marzi, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza perante este xulgado o vindeiro día 16 de maio, ás 11.30 horas, co obxecto de asistir á realización do correspondente xuízo verbal de faltas, cos medios de proba de que intente valerse, e fáiselle sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952. Pode ser asistido de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino en Noia o dezasete de febreiro de dous mil.

O secretario

Rubricado