Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.230

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4101/2000).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, acordouse admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Antonio Pardo Fabeiro, en nome e representación da Federación de Empresarios Farmacéuticos de Galicia, contra o Decreto 342/1999, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 16-12-1999, sobre horarios, gardas de urxencia e vacacións das oficinas de farmacia ( DOG nº 2, do 4-1-2000).

Recurso número: 02/0004101/2000.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen

con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 17 de febreiro de 2000.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado