Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.229

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2000 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 99/023 de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que ha resolve-lo concurso para a provisión

da praza de profesorado desta universidade número 99/023, convocada por Resolución de data 30 de xullo de 1999 (BOE do 25 de agosto), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 7 de febreiro de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: construccións navais.

Praza nº: 99/023.

Comisión titular:

Presidente: Moral Hernández, Francisco Javier del, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Vicente Vázquez, Ramón de, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Ruíz Barrachina, Manuel, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Mallach Ferrer, Vicente, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

González Díez, José Luis, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Casanova Rivas, Enrique, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Mira Monerris, Alejandro, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Vocais:

Muñoz Moreno, Ciriaco, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Núñez Basañez, José Fernando, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Eguia López, Emilio, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.