Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.230

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (223/1999-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 223/1999-10, por instancia de María Ángeles Iglesias Blanco, contra Ricardo José Araújo Pariente e Mónica Herrero Rodríguez, e nas súas actuacións dictouse sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia.

En nome de El-Rei.

En Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2000.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou esta resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia número 223/1999, no que actuaron como partes, como denunciante María Nieves Igle

sias Blanco e, como denunciados, Ricardo José Araújo Pariente e Mónica Herrero Rodríguez.

Non foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo absolver e absolvo a Mónica Herrero Rodríguez e Ricardo José Araújo Pariente da falta que se lles imputaba, con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia os interesados poderán interpor recurso de apelación para ante a audiencia provincial, no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal no que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas, expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse que se pediu a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen en momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización, o recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non puido propor en primeira instancia, das probas propostas que lle foran indebidamente denegadas, sempre

que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado».

E para que conste e lle sirva de notificación a Mónica Herrero Rodríguez, expido e asino en Santiago de Compostela, o vinteún de febreiro de dous mil.

Rubricado