Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.203

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2000 do convenio colectivo do sector do comercio téxtil da provincia da Coruña.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 2000 do convenio colectivo do sector do comercio téxtil da provincia da Coruña (código 1500345), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 1-2-2000, subscrito pola comisión paritaria do convenio colectivo integrada en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios del Comercio Textil de la provincia de A Coruña e da parte social por CIG, UGT e CC.OO. o día 25-1-2000 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de febreiro de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo do comercio téxtil da Coruña (25-1-2000)

Asistentes:

Pola parte empresarial: Antonio Vila, Julio Diéguez, Belén Chaver (Asociación Profesional de Empresarios de Comercio Textil de A Coruña), Marina Graña (asesora laboral CEC).

Pola parte social: Luis Soto (CIG), Elvira Martínez (CC.OO.), Nieves Montes (UGT).

Na Coruña, sendo as 9 horas do día 25 de xaneiro de 2000, nos locais da Confederación de Empresarios da Coruña, reúnense os integrantes da comisión paritaria do convenio colectivo de comercio téxtil da Coruña con obxecto de levar a cabo a revisión salarial do citado convenio para o ano 2000.

En primeiro lugar realízase a revisión salarial que establece o artigo 7º do convenio colectivo, polo

exceso do IPC de 1999. As táboas salariais resultantes servirán de base para a confección das táboas do ano 2000.

A seguir realízase a suba salarial para o ano 2000, prevista no mesmo artigo 7º do convenio, e que supón un 2,5% de incremento salarial.

Polo que repecta ó complemento de antigüidade, o incremento que se aplicará será o 2,25% tal como se establece no artigo 8º do convenio.

Acórdase facultar a Marina Graña Bermúdez para que proceda a realiza-los trámites oportunos ante a Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para o rexistro e publicación desta acta e as táboas salariais adxuntas.

E non tendo máis asuntos que tratar levántase a reunión, sendo as 10 horas da data arriba indicada.

Táboas salariais convenio comercio téxtil da Coruña ano 2000

Mes

Ano 2000

Ano

Ano 2000

Antigüidade

cuadrienio

Grupo I
Persoal técnico titulado:

Titulado grao superior128.1711.922.5656.319

Titulado grao medio113.9351.709.0255.617

Técnico sanitario99.7121.495.6804.916

Axudante99.7121.495.6804.916

Grupo II

Persoal mercantil non titulado

Director139.5512.093.2656.881

Xefe de división128.1711.922.5656.319

Xefe de persoal, xefe compras, xefe vendas e encargado xeral128.1711.922.5656.319

Xefe de almacén113.9351.709.0255.617

Xefe de grupo111.0301.665.4505.475

Xefe de sección mercantil108.2451.623.6755.336

Intérprete, viaxante e corredor praza99.7121.495.6804.916

Encargado establecemento, vendedor e comprador105.4211.581.3155.198

Dependente96.8451.452.6754.774

Dependente maior106.1891.592.8355.236

Axudante82.6451.239.6754.075

Traballadores menores de 18 anos71.7631.076.4452.813

Grupo III

Persoal Admvo. técnico non titulado e Perso. Admvo.

Director139.5512.093.2656.881

Xefe de división128.1711.922.5656.319

Xefe administrativo113.9351.709.0255.617

Secretario e contable99.7121.495.6804.916

Xefe de sección administrativa111.0301.665.4505.475

Persoal administrativo:

Contable, caixeiro, Taquim. idioma estranxeiro102.3711.535.5655.047

Maq. contable, operador e oficial Admvo.99.7121.495.6804.916

Auxiliar Admvo. ou perforista96.8451.452.6754.774

Aspirante de 16 a 18 anos71.7631.076.4452.807

Auxiliar de caixa88.3511.325.2654.355

Mes

Ano 2000

Ano

Ano 2000

Antigüidade

cuadrienio

Grupo IV

Persoal de servicios e Activid. auxiliares

Xefe de sección de servicios111.0291.665.4355.475

Debuxante e escaparatista105.4211.581.3155.198

Axudante montaxe, delineante, rotulista e visitador85.4691.282.0354.213

Cortador99.7121.495.6804.916

Axudante cortador, xefe de taller e persoal oficio91.1761.367.6404.496

Capataz Prof. Ofic. 2ª e 3ª, Axudan. mozo, especialista, Telefon. e Ascensor.88.3511.325.2654.355

Mozo, empaquetadora e repasadora85.4691.282.0354.213

Grupo V

Persoal subalterno

Conserxe, cobrador, vixilante, porteiro, sereno e ordenanza85.4691.282.0354.213

Persoal de limpeza con 18 anos ou máis83.4701.252.0504.115

Persoal de limpeza por hora532