Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.200

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión das táboas salariais de 1999, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Cementos Cosmos, S.A. (factoría de Oural).

Visto o texto da revisión das táboas salariais de 1999, do convenio colectivo para a empresa Cementos Cosmos, S.A. (factoría de Oural) (código 2700102), da provincia de Lugo, asinado o día 20 de xaneiro de 2000, pola representación da citada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da citada revisión no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da citada revisión á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 3 de febreiro de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Acta de revisión por IPC do convenio colectivo de Cementos Cosmos, S.A. (factoría de Oural)

para 1999

Asistentes:

Pola representación dos traballadores:

Mario S. Camino López

Jesús López Sanmartín

José A. Ingerto Díaz

Manuel González López

José Manuel Campo López

Francisco López López

Fernando Pérez Rodríguez

Antonio Guitián Docasar

Amador Alvaredo Vázquez

José Antonio Yáñez Ortiz

Pola dirección da empresa:

Félix Rico Gómez

José A. Valcárcel Tallos

Antonio Valverde Pampillón

Miguel Rodríguez del Río

Luis Fugarolas Vila

En Oural, factoría de Cementos Cosmos, S.A., o día 20 de xaneiro de 2000, reúnense as persoas citadas no encabezamento co fin de proceder á sinatura da revisión das táboas salariais do convenio colectivo de Cementos Cosmos, S.A. (factoría de Oural) para 2000, o cal levan a efecto conforme os seguintes acordos:

Primeiro.-De acordo co estipulado na disposición adicional primeira do convenio colectivo de Cementos Cosmos, S.A. (factoría de Oural) para 1998 e 1999, subscrito o 18 de novembro de 1998, e unha vez coñecido o IPC a 31-12-1999, procédese á sinatura das táboas salariais revisadas con efectos desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 1999, que figuran anexas á presente acta.

Segundo.-Remiti-lo citado texto á autoridade laboral para o seu rexistro e depósito e posterior publicación no boletín oficial correspondente. Para a realización destas tarefas facúltase a José Antonio Valcárcel Tallos.

E sen outros asuntos que tratar, dáse por finalizada a reunión, asinando os presentes en proba da súa conformidade con todo o exposto.