Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.198

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración de ben de interese cultural con categoría de monumento en favor do pazo de Santa Cruz de Ribadulla e dos seus xardíns, sito no concello de Vedra (provincia da Coruña).

Con motivo da entrada en vigor da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (Dia

rio Oficial de Galicia, do 8 de novembro) e transcorridos os prazos previstos no artigo 12.3º da indicada lei para a incoación do expediente, de declaración de ben de interese cultural en favor do pazo de de Santa Cruz de Ribadulla e dos seus xardíns, no concello de Vedra, provincia da Coruña, é preciso retomar de novo os trámites legalmente establecidos para proceder á súa declaración como tal ben.

En consecuencia, vistos os informes dos servicios técnicos desta dirección xeral e dos órganos consul

tivos en materia de bens culturais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Incoar expediente para a declaración de ben de interese cultural con categoría de monumento en favor do pazo de Santa Cruz de Ribadulla e dos seus xardíns, sito no concello de Vedra, provincia da Coruña.

Segundo.-Delimita-la zona afectada pola dita incoación da maneira que se especifica literal e graficamente nos anexos I e II desta resolución.

Terceiro.-Notificarlle esta resolución ó concello, ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, e ós demais interesados.

Cuarto.-Por tratarse dun ben inmoble e de conformidade co artigo 35 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, quedan en suspenso as correspondentes licencias municipais de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas, así como dos efectos das xa outorgadas. A suspensión dependerá da resolución ou caducidade do expediente incoado.

As obras que, por causa de forza maior, interese xeral ou urxencia, deberan realizarse con carácter inaprazable precisarán, en todo caso, autorización dos órganos competentes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Quinto.-Esta resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, abríndose un período de información pública dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2000.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO I

1-2. Estrada de Padrón á Ponte Ulla, desde o río ata o punto onde o muro de cerramento do predio cambia de dirección.

2-3. Liña que desde a esquina do muro de cerramento do predio segue paralelo a este e únese de novo á estrada Padrón á Ponte Ulla no punto onde esta se cruza co camiño que leva ó núcleo de Outeiro.

3-4. En Outeiro, cruzamento á esquerda que sobe rodeando a muralla ata chegar ó lugar de Sol, na estrada de Vedra a Santa Cruz.

4-5. Desde Sol, seguindo pola estrada que conduce á entrada do pazo, pasando polo núcleo de Torre de Abaixo ata chegar ó punto onde cruza o río.

5-1. Ribeira do río desde a estrada que conduce á entrada do pazo, ata a estrada de Padrón á Ponte Ulla.