Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.185

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2000 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 743/1993, do 29 de xullo, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/0001583/1987, interposto por María López López, Antonio López López, Carmen López López, Luis López López, Esther López López, Eduardo López López, Jesús López López e Manuel Cofan López, contra resolución da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 1986, e contra a desestimación do recurso de reposición formulado contra aquela, sobre aprobación definitiva da revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense, no particular da clasificación como solo urbano do predio Granja Santamarina; dictouse a sentencia 743/1993, do 29 de xullo, agora firme, pola que se estimaba parcialmente o dito recurso.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve darlle publicidade á parte dispositiva da sentencia 473/1993, do 29 de xullo, que a seguir se transcribe:

«Decidimos que debemos estimar e estimamos en parte o recurso contencioso-administrativo deducido por María López López e demais persoas referidas no encabezamento desta contra resolución da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia do dezaseis de setembro de mil novecentos oitenta e seis, e contra a desestimación do recurso de reposición formulado contra aquela, sobre aprobación definitiva da revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense, no particular da clasificación como solo

urbano do predio Granja Santamarina, de autos; e, en consecuencia, debemos anular e anulámo-lo dito acto administrativo en tal particular por non encontralo niso axustado ó Ordenamento xurídico; e debemos desestimar e desestimámo-lo recurso no demais».

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda