Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2000, do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo, polo que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e mediante concurso público, da instalación e explotación dunha tenda de agasallos na caseta existente na entrada do Parque Zoolóxico da Madroa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo autónomo municipal Vigo-Zoo.

b) Dependencia na que se tramita o expediente: oficina administrativa de Vigo-Zoo.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: instalación e explotación dunha tenda de agasallos na caseta existente na entrada do Parque Zoolóxico da Madroa.

b) Lugar: Parque Zoolóxico da Madroa, Monte da Madroa, Candeán, s/n, Vigo.

c) Prazo contractual: 5 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Canon.

600.000 pesetas (seiscientas mil pesetas).

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva. 20.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas está á disposición dos interesados para o seu exame na oficina de información, sita na planta baixa da Casa do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n, nos días e horas hábiles de oficina durante o prazo de presentación das proposicións.

b) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das propostas.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación do anuncio no último dos diarios ó que se remita: DOG e BOP, rematará ós vinteseis días seguintes (días naturais), ás 13 horas, coa excepción de que o último día fose domingo ou festivo, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: licitadores: presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Vigo, sito na planta baixa da casa do con

cello, Praza do Rei, s/n, da cidade de Vigo. Código postal 36201.

8. Apertura das ofertas.

Terá lugar ás dez horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de proposicións, na casa do concello e ante a mesa de contratación, constituída polo presidente, secretario, interventora e directora administrativa do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo; se coincidise en día non hábil o de apertura de proposicións ou, se por causas de forza maior, no puidese realizarse, esta terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de anuncios.

Os gastos que se orixinen da publicación dos anuncios serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 31 de xaneiro de 2000.

Amador Fernández Fernández

Presidente do organismo autónomo municipal

Vigo-Zoo