Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2000 referente á convocatoria de oposición libre para prover dous postos de gardas da policía local.

O alcalde, mediante Decreto do día 8-2-2000, aprobou o sistema de selección, bases e convocatoria para a provisión con carácter definitivo dos seguintes postos de traballo vacantes (oferta de emprego para 1999):

Persoal funcionario.

Posto: dous da escala de Administración especial, subescala de servicios especiais. Clase: garda da policía local.

Publicación íntegra bases e convocatoria: BOP de Ourense nº 40, do día 18 de febreiro de 2000 (inclúese temario e modelo de instancia).

Prazo de presentación de instancias: os vinte días naturais seguintes ó de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Sistema de selección: oposición libre.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos deste concello.

Verín, 24 de febreiro de 2000.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde