Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal deste concello, en sesión celebrada o día 25 de xaneiro de 2000, acordou prestarlle aprobación definitiva ó expediente de modificación puntual das Normas Subsidiarias de Planeamento, para ampliación de equipamento sanitario en Fontoira-Padriñán.

A modificación aprobada afecta a unha franxa de terreo de propiedade municipal lindante co cemiterio municipal situado en Fontoira (Padriñán), que man

tendo a súa clasificación como solo rústico común, queda cualificada especificamente como equipamento sanitario.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderanse interpone-los recursos seguintes:

a) Potestatvio de reposición ante o mesmo órgano que resolveu o acto administrativo recorrido, polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados así mesmo desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Pontevedra. Nembargantes, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro, ou se produza a súa desestimación presunta por transcurso do prazo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

Calquera outro recurso que se estime oportuno e sexa procedente interpoñer.

Sanxenxo, 2 de febreiro de 2000.

Telmo Martín González

Alcalde