Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2000, do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo, de contratación, por concurso aberto, da subministración de carne equina para alimento dos animais deste organismo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: organismo autónomo municipal Vigo-Zoo. Dependencia: Administración.

2. Obxecto do contrato: descrición: contratación para a subministración de carne equina para consumo dos animais do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo.

Lotes: non.

Lugar de entrega: Vigo (Pontevedra).

Prazo: 1 ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 5.250.000 pesetas/ano.

5. Garantías: provisionais: 50.000 pesetas.

Definitivas: 4% do orzamento da subministración.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n 36202 Vigo. Teléfono 986 26 77 83 ou 986 26 77 84.

Data límite para solicitar documentación: ata o día da finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económico-financeira en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: vinteseis días hábiles a partir da publicación do último dos anuncios no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula XI do prego de condicións.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n (Vigo). Teléfonos: 986 26 77 83 ou 986 26 77 84.

Data e hora: ás 12 horas do día seguinte hábil ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula XXI do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 31 de xaneiro de 2000.

Amador Fernández Fernández

Presidente do organismo autónomo municipal

Vigo-Zoo