Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (338/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 17 de febreiro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«A Comisión de Goberno, por unanimidade, acordou:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle reformado na Avda. de Zamora, números 53-55, Camiño Vello ou de Miramón, zona 5 do SU-2, por pedimento de José Álvarez Nieto e outro, e

2. Somete-lo expediente a información pública durante un mes mediante anuncio que se publicará no DOG e nun dos diarios de maior circulación na provincia».

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 1/1997, do 24 de marzo de 1997, do solo de Galicia,

sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no DOG, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 21 de febreiro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente