Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2000 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras de reparación da fachada do colexio público de Parada-Campañó.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia.

b) Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento da licitación: 7.152.279 ptas., incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías.

a) Provisional: 143.046 ptas.

b) Definitiva: 286.091 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Servicio de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra, praza de España, s/n, Pontevedra 36071, teléfono/fax: 986 80 43 00 / 80 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 12ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, das 9 ás 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación, o primeiro día seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 10.15 horas, na sala de xuntas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución da obra, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

d) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 4 de xaneiro de 2000.

Miguel Anxo Fernández Lores

Alcalde

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental