Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 20 de xaneiro de 2000, o proxecto de urbanización dun tramo da rúa de nova apertura entre rúa Pontes de García Rodríguez e rúa Pintor Sotomaior, redactado polos arquitectos Antonio Bouza e Pilar García-Magariño, e promovido por Silverio Funcasta Montero.

Exponse ó público polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente estará á disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras, Urbanismo e Servicios, para formula-las alegacións que considere pertinentes.

Narón, 26 de xaneiro de 2000.

Xoán Gato Díaz

Alcalde