Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 28 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación do acordo de resolución do expediente sancionador simplificado 36/75/1999 e acumulado, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27), notifícaselle á persoa interesada mencionada a continuación (que no puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente sancionador simplificado nº 36/75/99 e acumulado, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes a partir do día seguinte desta notificación, se non se recorrese contra ela no dito prazo, a sanción será firme e poderá facerse efectiva, en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta número, 3110001136 da Caixa Galicia (2091), oficina de relacións con organismos (0388) Santiago de Compostela, nos seguintes prazos:

A) As débedas notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior, do mes seguinte a aquel na que a resolución é firme.

B) As débedas notificadas entre os días 16 e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior, do mes seguinte a aquel na que a resolución é firme.

De non efectuarse o pagamento no prazo antes mencionado, procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva.

Expediente: 36/75/99.

Inculpado: Pablo Verde Cores.

Enderezo: r/ Canesa, 3,36950 Moaña (Pontevedra).

Motivos: comercialización de viño embotellado sen etiquetar.

Sanción: 50.000 ptas.

Data de resolución: 26-1-2000.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra