Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2000 pola que se lle concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó Laboratorio G.O.C., S.A., con domicilio na rúa do Cubelo, número 63. Santiago de Compostela (A Coruña).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro), polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os artigos 12 h) e 18.3.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:

Concederlle a acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorios de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a G.O.C., S.A. con domicilio na rúa do Cubelo, nº 63. Santiago de Compostela (A Coruña), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

HF, Área de control de formigón fresco, co número 15061HF00.

Este laboratorio e a súa acreditación considérase dependente do Laboratorio G.O.C., S.A. inscrito co número 15052HA95.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2000.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo