Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ABEGONDO

ANUNCIO.

De conformidade co establecido no Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, e para os efectos previstos nel, durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, estará exposto ó público nestas oficinas municipais para efectos de exame o estudio de impacto ambiental do proxecto de bancadas, vestiario e campo de fútbol no concello de Abegondo (A Coruña). Durante o dito prazo poderán presentarse igualmente nestas oficinas as alegacións que se crean convenientes sobre o mencionado estudio.

Abegondo, 2 de febreiro de 2000.

O alcalde

Rubricado