Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 15 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Turismo, pola que se notifica a Resolución do 15 de novembro de 1999 dictada no expediente sancionador PO-021/1999, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 14 de xaneiro de 1999), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a resolución da Dirección Xeral de Turismo dictada no expediente sancionador en materia de turismo PO-021/1999, incoando o titular do establecemento de restaurante denominado Asador O Tío Doro, situado na súa Ponte, 5, de Pontevedra, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recur

so de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que o interesado poida interpoñer calquera outro que coide oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Pontevedra. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: PO-021/1999.

Sancionado: Teodoro Ruel Santos.

Establecemento: Asador O Tío Doro.

Domicilio: rúa Ponte, 5.

Localidade: Pontevedra.

Resolución: 15 de novembro de 1999.

Precepto infrinxido: artigo 87.1º da Lei 9/1997.

Sanción: trescentas mil (300.000) pesetas.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2000.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo