Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/7-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Teléfonica Servicios Móviles, S.A.

Domicilio social: r/ Progreso, 1, 32005 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., estación base telefonía en Luíntra.

Situación: Nogueira de Ramuín.

Descricións técnicas: liña a 20 kV en conductor LA-56, de 51 m sobre apoios de formigón e metálicos, derivada desde o apoio nº 58 da L.M.T. de U. Fenosa, S.A. a Luíntra, e remata no C.T. proxectado aéreo con 25 kVA, R/T 20.000/240 V en Luíntra R.B.T.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 9 de febreiro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense