Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 00/87).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Alonso Ecología, S.A., con enderezo social para efectos de notificación en Bodión-Boiro, A Coruña, para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

Descricións: central de xeración eléctrica que se instalará na planta de tratamento de residuos conserveiros que se vai instalar no polígono industrial Espiñeira en Boiro, e coas seguintes características:

1 motoxerador alimentado por fuelóleo de 15.600 kW de potencia, alternador de 15.000 kW, r/t 380/6.000 V.

1 trafo de 17.000 kVA de potencia r/t 6/66 kV.

Depósito de fuel-oil de 65 m e dous de gasóleo de 19 m c/u.

Elementos de medida e potencia eléctrica.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta Delegación Provincial, edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña.

A Coruña, 8 de febreiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña