Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S. Visitación de la Encina, 16.
Situación: Culleredo.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, con orixe no C.T. Praza Europa e final no C.T. Visitación de la Encina, 16, que se vai instalar. Centro de transformación, en caseta prefabricada, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, na r/ Visitación de la Encina, 16, do que parten dous circuítos subterráneos de 150 m en conductor R.V. que se conectarán á rede de baixa tensión existente. Culleredo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 7 de febreiro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña