Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Quino, no concello de Mos, da provincia de Pontevedra, por parte de Áridos Ollal, S.A.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Áridos Ollal, S.A., con domicilio en Veigadaña, Mos, presentou nesta delegación provincial, o día 18 de outubro de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Quino, de 3 cuadrículas mineiras para recursos de Sección C), que se sitúa no termo municipal de Mos, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2832, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 1 8º 37' 20'' 42º 12' 00''

Vértice 2 8º 37' 00'' 42º 12' 00''

Vértice 3 8º 37' 00'' 42º 11' 00''

Vértice 4 8º 37' 20'' 42º 11' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra