Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/19-2, 5359 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Ramelle, O Castro dos Freires e A Rebolada.

Situación: A Pastoriza.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV a C.T. de Ramelle en conductor LA-56 de 320 m de lonxitude sobre apoios de formigón. L.M.T. a 20 kV a C.T. do Castro dos Freires en conductor LA-56 de 242 m de lonxitude en apoios de formigón. L.M.T. a 20 kV a C.T. da Rebolada en conductor LA-56 de 172 m de lonxitude sobre apoios de formigón. C.T. en Ramelle de 50 kVA e relación 20.000/380-220. C.T. no Castro dos Freires de 50 kVA e relación

20.000/380-220 e C.T. na Rebolada de 50 kVA e relación 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión en conductor R.Z. de 2.110 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 20 de xaneiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial de Lugo