Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.158

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Lagoa, nos concellos de Rodeiro e Lalín, da provincia de Pontevedra, por parte de Silvino Castro López.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Silvino Castro López, con domicilio en Agudelo, Barro, presentou nesta delegación provincial, o día 8 de novembro de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Lagoa, de 3 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Lalín e Rodeiro, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2836, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 1 8º 01' 40'' 42º 41' 40''

Vértice 2 8º 00' 40'' 42º 41' 40''

Vértice 3 8º 00' 40'' 42º 41' 20''

Vértice 4 8º 01' 40'' 42º 41' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra