Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.147

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se convocan quince prazas de vinculación temporal na modalidade de interinidade, de dous técnicos superiores para o centro de soporte técnico e de trece técnicos de xestión nos hospitais dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Co propósito de establecer un sistema de información de carácter corporativo o Servicio Galego de Saúde, organismo autónomo dependente da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, dispón dun Servicio de Informática Área Asistencial residenciado na súa secretaría xeral, cunha unidade central denominada Centro de Soporte Técnico e uns servicios periféricos, hospitais e centros dependentes, conformando unha rede que proporciona apoio técnico tanto na implantación de novos aplicativos coma no mantemento e mellora dos existentes en explotación, así como atención ós problemas técnicos que poidan xurdir en calquera dos centros obxecto de cobertura.

A finalidade desta estructura foi dota-la rede hospitalaria de sistemas de información axeitados que conformarán unha arquitectura tecnolóxica común e a estandarización de ferramentas e productos que rendabilicen os investimentos realizados constituíndo, deste xeito, unha plataforma técnica homoxénea de forma centralizada.

É necesario contar co persoal propio altamente cualificado para dirixi-la estratexia tecnolóxica e man

te-lo coñecemento dentro do organismo a nivel central, e cos hospitais periféricos dependentes, e faise preciso a dotación de persoal no CST de técnicos superiores da escala informática e nos hospitais dependentes do dito organismo de técnicos de xestión da dita escala.

Este persoal deberá ser altamente cualificado, para permitir facer fronte ós obxectivos de homoxeneidade e eficacia, finalidade e interese primordial do servicio de saúde para constituír un núcleo sólido de información a nivel sanitario dentro da Comunidade Autónoma galega.

Todo isto leva consigo a demanda duns profesionais cos coñecementos e experiencia necesarios para realiza-las tarefas principais seguintes:

* Mantemento e dimensionamento dos sistemas de información.

* Posta en marcha de novas funcionalidades que xorden de acordo coa evolución do sistema.

* Soporte técnico e administrativo ós usuarios dos sistemas de información.

* Formación a novos usuarios e adaptación ás novas funcionalidades.

* Apoio técnico e funcional a outras unidades que entren a formar parte do sistema.

* Desenvolvemento do vínculo e coordinación entre a atención primaria e especializada a través dos hospitais das áreas, permitindo realizar unha análise completa da realidade asistencial, construíndo unha ferramenta imprescindible para a xestión sanitaria.

Preténdese contar coas persoas necesarias para aborda-la evolución do sistema informático en servicios centrais e hospitais, que non só consiste en mante-la súa operatividade actual, senón que abre as portas a un proxecto integrado de sistemas de información, que terá como primeiro obxectivo constituír unha plataforma global que proporcione unha información consistente e axustada á realidade, ademais de facilita-la implantación de novos desenvolvementos que reforzarán a consolidación dun sistema de información de carácter corporativo.

Neste momento, xorde a necesidade de vincular a persoal estatutario no Sergas, altamente cualificado, para dirixi-la estratexia tecnolóxica á que se propende. Por iso valórase de maneira primordial a experiencia no ámbito dos sistemas de información no sector sanitario.

Consonte o establecido no pacto subscrito entre a administración sanitaria e as organizacións sindicais CIG, CC.OO., UGT, SATSE e CSI-CSIF (DOG nº 47, do 10 de marzo de 1997), sobre vinculacións temporais de persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde, o presente proceso selectivo foi debatido no seo da comisión central de seguimento do pacto, acordando a selección de persoal de especial cualificación, trala superación dunha proba de aptitude que determine a selección temporal destes profesionais con base nos especiais coñecementos técnicos.

O sistema elixido de selección de persoal temporal ten por obxecto que os profesionais máis cualificados formen parte deste grupo de traballo, con fundamento na importancia do seu labor, tendo en conta os factores xa aludidos.

Polo tanto, de conformidade coas atribucións conferidas a este centro directivo nos artigos 19 e seguintes do Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Sergas e da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Sergas, e tralo acordado na comisión central de seguimento do pacto de vinculacións temporais, esta división

RESOLVE:

1º Anuncia-la vindeira cobertura, con carácter temporal en réxime xurídico de persoal estatutario na modalidade de interinidade en praza vacante, das categorías que se detallan, para desenvolve-las súas funcións no Centro de Soporte Técnico e hospitais:

-Dous técnicos superiores, licenciados universitarios, para prestar servicios no Centro de Soporte Técnico nos servicios centrais do Sergas en Santiago de Compostela.

-Trece técnicos de xestión, diplomatura de grao medio, para prestar servicios nos seguintes hospitais:

Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

Complexo Hospitalario Arquitecto-Marcide.

Complexo Hospitalario Xeral-Calde.

Hospital Comarcal de Monforte.

Hospital da Costa Burela.

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Complexo Hospitalario de Ourense.

Hospital do Meixoeiro.

Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras.

As titulacións requiridas con preferencia serán as de tipo técnico e de xestión nas ramas de: informática, matemáticas, física, enxeñería, etc.

Tamén se terá en conta a experiencia no contorno de sistemas de información orientados á xestión sanitaria.

2º As retribucións que percibirán os aspirantes que resulten seleccionados serán as correspondentes, respectivamente, ás categorías de grupo técnico superior e técnico de xestión. A fixación das contías reflíctense nos orzamentos anuais correspondentes ó persoal de institucións sanitarias dependentes do Sergas.

A xornada que desenvolverán os aspirantes que resulten seleccionados será, con carácter xeral, a asignada ó persoal estatutario da mesma categoría, se ben deberá ter total dispoñibilidade horaria.

Os aspirantes que resulten seleccionados serán sometidos a un período de proba de seis meses de duración nos técnicos titulados universitarios e de tres meses nos técnicos de xestión, de acordo co teor do artigo 5 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 1 de xullo de 1997, pola que se regulan as modalidades de formalización do vínculo do persoal temporal de institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde. Durante a vixencia do período de proba, as partes poderán desistir libremente da vinculación, en comunicación escrita, sen alegación de causa e dereito a ningunha indemnización por tal motivo.

3º Para tal fin convócanse os aspirantes interesados para que, no prazo de 15 días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no DOG, presenten a súa solicitude no modelo normalizado que se xunta como anexo I, e acheguen con ela o currículum suficientemente detallado tanto dos requisitos esixidos coma dos méritos alegados.

Rematado o proceso de selección, o órgano convocante requirirá os profesionais seleccionados xustificante debido tanto dos requisitos como dos méritos alegados.

4º As solicitudes serán dirixidas ó director xeral da División de Recursos Humanos do Sergas, e deberán presentarse, preferentemente, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sito no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela. Presenta-la solicitude será requisito imprescindible para adquiri-la condición de aspirante.

5º Para seren admitidos ó proceso selectivo, os aspirantes deberán acredita-la nacionalidade española ou dun país da Unión Europea ou, de se-lo caso, dispoñer

de autorización para poder residir e traballar legalmente en España. Así mesmo, deberán cumpri-los requisitos que esixe cada un dos anexos II e III para cada unha das categorías. De non acredita-los anteditos requisitos no prazo fixado polo órgano convocante, o aspirante será excluído do proceso de selección.

6º Para a selección dos aspirantes procederase á realización da proba prevista nos anexos II e III para cada unha das categorías. Superada a proba anterior procederase á baremación dos méritos alegados, de conformidade cos baremos que se determinan nos anexos II e III que se xuntan.

As probas realizaranse sobre as materias que se recollen no anexo IV desta resolución e serán puntuadas de acordo cos criterios fixados polo tribunal cualificador.

Así mesmo, serán convocados para unha entrevista persoal os aspirantes ó grupo técnico superior que superen a proba coa puntuación fixada polo tribunal cualificador. Nela valoraranse os coñecementos sobre as materias detalladas no baremo que figura no anexo II.

7º Para a selección dos profesionais constituirase un tribunal de selección para cada unha das categorías obxecto da convocatoria, composta por cinco membros; designados: un deles polas organizacións sindicais asinantes do pacto de vinculacións temporais, e os outros catro polo órgano convocante.

Poderán formar parte da comisión con voz pero sen voto os expertos que o órgano convocante determine.

8º Rematado o proceso, publicarase nos taboleiros de anuncios das xerencias das institucións sanitarias do Sergas, da Secretaría Xeral do Sergas, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e das direccións provinciais do Sergas e da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a lista cos candidatos elixidos. Poderá declararse deserta a convocatoria de non existir candidato idóneo de acordo co perfil establecido.

9º Os aspirantes interesados poderán formular no prazo de 10 días, a partir do seguinte da data de publicación da lista anterior, reclamación perante a División de Recursos Humanos. Trala análise e resolución das reclamacións presentadas, publicarase a lista definitiva.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá formularse recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este centro directivo.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

ANEXO II

REQUISITOS E BAREMO DE MÉRITOS PARA A SELECCIÓN E FORMALIZACIÓN DE VÍNCULO ESTATUTARIO TEMPORAL INTERINO EN PRAZA VACANTE PARA TÉCNICO SUPERIOR PARA O CENTRO DE SOPORTE TÉCNICO (CST) DO SERGAS

Requisitos:

-Licenciado universitario, preferentemente con titulación de carácter técnico. (Informática, matemáticas, enxeñería, física).

Baremo méritos:

I. Formación e titulación específicas:

Pola posesión das titulacións específicas seguintes cun máximo de puntuación neste epígrafe de 5 puntos:

A. Licenciado en informática: 5 puntos.

B. Licenciado en físicas: 5 puntos.

C. Licenciado en matemáticas: 5 puntos.

D. Licenciado en enxeñería: 5 puntos.

II. Experiencia profesional:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto de méritos neste epígrafe será de 20 puntos.

1. Experiencia profesional no ámbito de mantemento e desenvolvemento de sistemas de información relacionados coas institucións sanitarias públicas:

-Máis de 2 anos: 5 puntos.-Máis de 3 anos : 10 puntos.

Puntuación máxima nesta sección: 10 puntos.

2. Experiencia profesional no ámbito de mantemento e desenvolvemento de sistemas de información relacionados coas institucións públicas non sanitarias:

-Máis de 2 anos: 3 puntos.-Máis de 5 anos: 6 puntos.

Puntuación máxima nesta sección: 6 puntos.

3. Experiencia profesional no ámbito de mantemento e desenvolvemento de aplicacións informáticas:

-Máis de 2 anos: 2 puntos.-Máis de 3 anos: 4 puntos.

Puntuación máxima nesta sección: 4 puntos.

III. Formación continuada:

Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación dos cales a materia impartida teña relación directa coas funcións que se van desenvolver. Máximo 17 puntos.

-Ferramentas informáticas:

Xestor de base de datos Informix: 2 puntos.

Redes de datos: 2 puntos.

Sistema operativo Unix: 2 puntos.

Outros cursos de interese: 1 punto.

-Cursos de metodoloxías de xestión:

Planificación e xestión sanitaria: 5 puntos.

Metodoloxía e xestión de proxectos: 5 puntos.

IV. Realización de proba tipo test:

Consistente nun cuestionario tipo test de respostas alternativas sobre materia informática, de acordo co temario contido no anexo IV.

Esta proba será valorada cun máximo de 10 puntos.

V. Superación da entrevista:

O aspirante será entrevistado polos membros da comisión de baremación e os expertos designados, co obxecto de que responda ás cuestions que se formulen sobre os seus coñecementos en sistemas de información en relación coa xestión de sistemas de información no ámbito sanitario.

A entrevista será valorada de 0 a 15 puntos.

VI. Idiomas:

A puntuación máxima desta sección será de 1,5 puntos.

Galego:

1º Pola realización do curso de iniciación á lingua galega ou validación correspondente: 0,5 puntos.

2º Pola realización do curso de perfeccionamento da lingua galega ou validación correspondente: 1,5 puntos.

ANEXO III

REQUISITOS E BAREMO DE MÉRITOS PARA A SELECCIÓN E FORMALIZACIÓN DE VÍNCULO ESTATUTARIO TEMPORAL INTERINO EN PRAZA VACANTE PARA TÉCNICOS DE XESTIÓN EN DISTINTOS HOSPITAIS DO SERGAS.

Requisitos:

-Diplomado universitario, técnico de xestión, preferentemente en enxeñería técnica, matemáticas, físicas, diplomatura universitaria ou equivalente.

Baremo méritos:

I. Información e titulación específicas:

Pola posesión das titulacións específicas seguintes, cun máximo de puntuación nesta sección de 5 puntos:

A. Diplomado en informática: 5 puntos.

B. Diplomado en físicas: 5 puntos.

C. Diplomado en matemáticas: 5 puntos.

D. Diplomado en enxeñería técnica: 5 puntos.

II. Experiencia profesional:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto de méritos nesta sección será de 20 puntos.

1. Experiencia profesional no ámbito de mantemento e desenvolvemento de sistemas de informa

ción relacionada coas institucións sanitarias públicas:

-Máis de 2 anos: 5 puntos.-Máis de 3 anos: 10 puntos.

Puntuación máxima nesta sección: 10 puntos.

2. Experiencia profesional no ámbito de sistemas de información relacionada coas institucións públicas non sanitarias:-Máis de 2 anos: 3 puntos.-Máis de 5 anos: 6 puntos.

Puntuación máxima nesta sección: 6 puntos.

3. Experiencia profesional no ámbito de mantemento e desenvolvemento de aplicacións informáticas:

-Máis de 2 anos: 2 puntos.-Máis de 3 anos: 4 puntos.

Puntuación máxima nesta sección: 4 puntos.

III. Formación continuada:

Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación dos cales a materia impartida teña relación directa coas funcións que se van desenvolver. Máximo 26 puntos.

-Ferramentas informáticas:

Xestor de base de datos Informix: 5 puntos.

Redes de datos: 5 puntos.

Sistema operativo Unix: 5 puntos.

Linguaxe de programacións visuais: 5 puntos.

-Cursos de metodoloxías de xestión:

Planificación e xestión sanitaria: 1 punto.

Metodoloxía e xestión de proxectos: 5 puntos.

IV. Realización de proba teórico-práctica:

Consistente nun cuestionario tipo test de respostas alternativas sobre materia informática de acordo co temario contido no anexo IV, así como unha proba práctica sobre estas materias. As ditas probas serán valoradas cun máximo de 25 puntos.

V. Idiomas:

A puntuación máxima deste epígrafe será de 1,5 puntos.

Galego:

1º Pola realización do curso de iniciación á lingua galega ou validación correspondente: 0,5 puntos.

2º Pola realización do curso de perfeccionamento da lingua galega ou validación correspondente: 1,5 puntos.

ANEXO IV

PROBA TEÓRICO PRÁCTICA

I. Enxeñería dos sistemas de información.

1. Planificación dos sistemas de información. Recursos técnicos e humanos. Técnicas de control. Xestión de riscos.

2. Ferramentas de xestión de proxectos: ferramentas CASE.

3. Xestión da calidade de software.

4. Análises de riscos e plans de continxencia.

5. Auditoría informática.

6. Metodoloxías de desenvolvemento de sistemas.

7. A metodoloxía métrica do Consello Superior de Informática.

8. Modelo entidade-relación. Modelo relacional. Normalización.

9. Análise orientada a obxectos.

10. Linguaxe unificada de modelado (UML).

II. Desenvolvemento de aplicacións.

1. Técnicas de programación. Programación estructurada. Programación orientada. Enxeñería inversa e reenxeñería.

2. Deseño e desenvolvemento de aplicacións no contorno 4GL (Informix e Multibase).

3. Deseño e desenvolvemento de aplicacións cliente/servidor con ferramentas RAD.

4. Deseño e desenvolvemento de aplicacións en tres capas. Clientes pesados e lixeiros.

5. Deseño e desenvolvemento de aplicacións en contorno WEB.

6. Compoñentes Active X.

7. HTML. DHTML. VBScript. JavaScript. ASP. Java.

8. Modelo de compoñentes distribuídos. DCOM. CORBA. RMI.

9. XML.

10. Desenvolvemento de sitios WEB.

III. Comunicacións e redes.

1. Redes LAN e WAN.

2. Redes públicas e de transmisión de datos.

3. Sistemas de cableado.

4. Interconexión de redes.

5. Protocolos de rede.

6. Redes de banda larga. RDSI. Ethernet Banda Ancha. Frame Relay. ATM.

7. Intercambio electrónico de datos (EDI).

8. Planificación, xestión e configuración de redes.

9. Redes Intranet e Internet.

10. Seguridade de accesos. Dominios de seguridade. Servidores de seguridade. Atallalume.

IV. Sistemas operativos e software de base.

1. Conceptos xerais dos sistemas operativos.

2. Sistema operativo Unix. Administración e xestión.

3. Sistema operativo Windows NT/2000. Administración, xestión e soporte.

4. Sistemas de almacenamento de datos.

5. Monitores transaccionais. MTS. Servidores de mensaxería. MSMQ.

6. Sistemas de correo. Exchange Server.

V. Sistemas de xestión de bases de datos.

1. Sistemas de xestión de bases de datos.

2. Administración e configuración de Informix.

3. SQL. Linguaxe de definición de datos (DDL). Linguaxe de manipulación de datos (DML).

4. Protocolos standard de acceso ós datos.

5. Xestión de datos corporativos (Data Warehouse). Arquitectura OLAP. Minería de datos. Modelado dimensional.

6. Bases de datos distribuídas.

7. Bases de datos documentais.

VI. Seguridade nos sistemas de información.

1. Seguridade informática: autentificación, integridade, confidencialidade, dispoñibilidade, copias de seguridade.

2. A seguridade en redes públicas de datos. Seguridade en contornos de rede privados. Mecanismos de protección da confidencialidade. Técnicas de cifrado. Sinatura dixital.

3. Lei orgánica de regulación do tratamento automático dos datos de carácter persoal: LORTAD. Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal (Real decreto 994/1999).