Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.152

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4069/2000).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Luis Sánchez González, en nome e representación do confraría de pescadores de Cedeira, contra orde da Consellería de Pesca do 23-12-1999, pola que se aproba o Plan de Explotación Xeral Marisqueira para o ano 2000 (DOG nº 3, do 5-1-2000).

Recurso número: 02/0004069/2000.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido noti

ficadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, serán tidas por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, nove de febreiro de dos mil.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado