Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.133

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de febreiro de 2000 pola que se autoriza o centro de formación profesional específica Vivas de Vigo para imparti-los ciclos formativos de grao medio e superior que figuran no anexo.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Vivas de Vigo, na que solicitaba autorización definitiva para imparti-los ciclos formativos de grao superior de administración e finanzas, desenvolvemento en aplicacións informáticas, anatomía patolóxica e citoloxía, e dietética, e os ciclos formativos de grao medio de farmacia, xestión administrativa e coidados auxiliares de enfermería.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, o Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, o Real decreto 1659/1994 (BOE do 30 de setembro), polo que se establece o título de técnico superior en Administración e finanzas, o Real decreto 1661/1994 (BOE do 30 de setembro) polo que se establece o título de técnico superior en desenvolvemento de aplicacións informáticas, o Real decreto 547/1995 (BOE do 5 de xuño), polo que se establece o título de técnico en farmacia, o Real decreto 1662/1994, do 22 de xullo (BOE do 30 de setembro, polo que se establece o título de técnico en xestión administrativa, o Real decreto 546/1995 (BOE do 5 de xuño), polo que se establece

o título de técnico en coidados auxiliares de enfermería, o Real decreto 538/1995 (BOE do 3 de xuño), polo que se establece o título de técnico superior de anatomía patolóxica e citoloxía, o Real decreto 536/1995 (BOE do 2 de xuño), polo que se establece o título de técnico superior en dietética, o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Vivas de Vigo, para poder imparti-los ciclos formativos de grao supe

rior administración e finanzas, desenvolvemento en aplicacións informáticas, anatomía patolóxica e citoloxía, e dietética, e os ciclos formativos de grao medio de farmacia, xestión administrativa e coidados auxiliares de enfermería segundo se especifican no anexo da presente orde.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro que pola presente orde se autoriza deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada polo Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Quinto.-A presente orde deixa sen efectos a Orde do 6 de setembro de 1996 (DOG do 4 de outubro), referente á titularidade e denominación do dito centro.

Sexto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no parzo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Príncipe, 17.

Código do centro: 36011521.

Denominación: Centro de formación específica Vivas.

Titular: Colegio Vivas Sociedade Límitada.

Composición resultante.

Familia profesional: administración.

1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa (1 unidade para 30 alumnos).

1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades, 30 postos/unidade).

Familia profesional: informática.

1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 30 postos/unidade).

Familia profesional: sanidade.

1 ciclo formativo de grao medio de farmacia (1 unidade para 30 alumnos).

1 ciclo formativo de grao medio de coidados auxiliares de enfermería (1 unidade para 20 alumnos).

1 ciclo formativo de grao superior de anatomía patolóxica e citoloxía (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de dietética (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

Quenda tarde-noite.

Familia profesional de administración.

1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa (1 unidade para 30 alumnos).