Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, do servicio de notificacións de alta ou variacións nas liquidacións fiscais do ano 2000 do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Administración de Tributos, Patrimonio e Contratación, nº expediente: 30811/510.

2. Obxecto do contrato: descrición: servicio de notificacións tributarias de altas ou variacións nas liquidacións fiscais do ano 2000.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo do contrato: ano 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 15.000.000 de pesetas. (90.151.82 euros).

5. Garantías: provisionais: non se esixe.

Definitiva: 600.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pz. do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.4 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 25 de febreiro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde