Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 24 de xaneiro de 2000, acordou

aprobar inicialmente o estudio de detalle de aliñación da parcela sita na rúa Curros Enríquez nº 29, redactado pola arquitecta Mercedes Muñoz Jaureguialzo e promovido por Susana Quintela Gallego e Xoán Briones Berride.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o dito estudio de detalle estará exposto ó público, nas oficinas municipais de secretaría, durante o prazo dun mes a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 26 de xaneiro de 2000.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde