Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización do camiño de subida ó colexio no núcleo 01.02 O Carregal C en Alcabre. (Expediente 4178/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do día 17 de febreiro de 2000, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do núcleo 01.02 do Carregal C-Alcabre (expediente 4178/401), presentado pola entidade Viuconsa, S.A., e redactado polo arquitecto Enrique Rodríguez Alfaro, con visado do COAG do 18 de xaneiro de 2000.

Procédese ó trámite de información pública do citado proxecto durante o período dun mes a través de publicación no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia. Signifícase que o prazo de exposición se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 29 de febreiro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo